Coraxe do idioma
Cos anos funme facendo cunha autoexplicación da vida, se cadra non orixinal pero suficientemente operativa para min mesmo. Somos desexo. E iso expresámolo alternativa e contraditoriamente con mesturas diversas de coraxe e de melancolía.
Os usuarios e usuarias do idioma galego adoitamos localizar máis na melancolía do que na coraxe a nosa conciencia lingüística, e dou en crer que é porque inconscientemente enraiza en nós unha certa sorte de ecoloxismo e tolerancia língüísticos que quere conxurar séculos de discriminación.
Vintecinco anos despois da apobación da Lei de Normalización Lingüística aínda hoxe grande parte do seu mandato comeza a ser aplicado, quedando outra parte importante por se verificar na realidade. Sen embargo, nos últimos meses hai un dato novo entre nós: veñen de aparecer dous colectivos que protestan contra o que eles consideran discriminación do español ou castelán e impugnando a implantación social da devandita lei e das respectivas ordes derivadas que regulan o seu cumprimento.
Por minoritarios que sexan estes grupos non deixan de ter a exclusiva da crispación lingüística en Galicia, que invariablemente invoca unha superstición porque non se coñece individuo ningún na nosa historia que tivese problemas para desenvolver a súa vida en castelán. Si coñecemos moitos exemplos do contrario, pero son casos que quedan enredados nesa melancolía que gastamos os galegofalantes.
Outra perversión que se instaura no discurso dos rancorosos lingüísticos é a presunta obrigatoriedade de falar galego. Ningunha lei obriga a falar os dous idiomas (mal o terían o xordomudos) senón a coñecelos.
Posiblemente estes movementos aparezan, desaparezan e reaparezan en contextos electorais de crispación política pero, en todo caso, cumpriría que os que respiramos o mundo en galego nos dotasemos de máis dose de coraxe preventiva, aínda que perdamos un aquel de melancolía.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
Sébastien Lecornu, primer ministro de Francia, recurre a una ley de emergencia ante la ausencia de presupuestos
Sheinbaum pasará las vacaciones de Navidad en Acapulco tras dos años de Otis
George Clooney rinde homenaje a su hermana tras su muerte por cáncer: “Ada era mi heroína. Amal y yo la extrañaremos mucho”
Muere el músico británico Chris Rea a los 74 años
Lo más visto
- Lotería de Navidad 2025, en directo | 79432, el Gordo de la Lotería de Navidad
- Así te hemos contado las elecciones en Extremadura | El PP gana en Extremadura con 29 escaños, pero necesitará para gobernar a un Vox que crece
- Comprobar Lotería de Navidad 2025: consulta la pedrea con los números premiados
- Los jueces del Tribunal Penal Internacional se rebelan ante las sanciones de Trump: “No hay que ceder”
- Oona Chaplin: “Le conté a James Cameron que vivía en una cabaña en los árboles y que estaba iniciando un proyecto de permacultura con una amiga”




























































