O Salón do Libro Infantil de Pontevedra evocará o amor
O certame dedicarase a Portugal, entre o 1 e o 15 de febreiro
Levounos polo fondo do mar, e tamén nos colleu da man para afrontar os monstros que metían medo. Porén, a décima edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil vai namorar. Aínda en plena montaxe, o Pazo da Cultura de Pontevedra vaise vestindo de amor coa complicidade de Teatro QuartoEscuro, os alumnos de Belas Artes e a escola de tempo libre Paspallás.
Onte foi presentado por Lola Dopico, concelleira de Cultura, acompañada por Helena Torres, coordinadora do evento, María Xesús López Escudeiro, delegada da Consellería de Cultura e Luís Bará, director xeral de Creación e Difusión Cultural. Presencia, a de López e Bará, resaltada por Dopico, xa que foron algúns dos que "puxeron en pé" a iniciativa que permanecerá aberta desde o 1 de febreiro ao 15. Trátase dun evento "cunha fonda raizame social e cultural" na cidade, sinalou Dopico. "Despois de todo, o Salón é un proxecto vencellado ao amor pola cultura, polos libros e a lingua".
O monográfico habitual estará centrado na banda deseñada
Portugal será este ano o país invitado, e a súa presenza tomará corpo nunha ampla mostra dos grandes ilustradores do país veciño, como Bernardo Carvalho. O habitual monográfico recae na banda deseñada, que conta coa presencia de Max ou Pasqual Ferry para impartir clases maxistrais. E haberá múltiples obradoiros para nenos e adultos, abertos ata o día 14. Será o 15 cando chegue o momento de clausurar este escaparate literario "cun peche de ouro". A presenza de Fina Casalderrey, homenaxeada "por moitas razóns", constitúe o recoñecemento a unha muller adicada a divulgar a lectura entre os nenos.
Para Luís Bará, o Salón do Libro é "reflexo do bo momento que está a vivir a literatura infantil galega", referente a nivel estatal. "Este segmento da escrita recibe galardóns internacionais que dan lugar a grandes proxectos". Galicia e a súa literatura "traballa para brillar con luz propia". A introdución ao mundo dos novos soportes da comunicación, o concerto de Milladoiro centrado n'A quinta das lágrimas, teatro, charlas, mesas redondas e exposicións e outras sorpresas serán "un achádego para cada un dos públicos posibles", concluíu Dopico.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
La carta de Ábalos a Guaidó: “Hemos enviado a Víctor de Aldama para que sirva de enlace en nuestras relaciones”
Cambio de guardia en el Movistar: Giro y Vuelta para Enric Mas; Tour para Cian Uijtdebroeks
La receta del BID para que las empresas de América Latina y el Caribe sean más competitivas: mejores infraestructuras y más calidad institucional
Besteiro sobre el caso de acoso sexual de Tomé: “No miramos para otro lado”
Lo más visto
- Lituania declara el estado de emergencia para hacer frente a la oleada de globos procedentes de Bielorrusia
- Uno de los periodistas del juicio del fiscal general: “Conmino al Supremo a que deduzca testimonio”
- La asociación de fiscales progresistas ve en la sentencia del Supremo “un giro constitucionalmente letal”
- La UCO detiene a la exmilitante del PSOE Leire Díez y al expresidente de la SEPI Vicente Fernández
- El Congreso estudia una proposición de ley para unificar a todos los funcionarios de categoría A en un único grupo




























































