'Maldito' Paco Taxes
Edítase por fin a obra dramática do autor d'O velorio, figura clave para entender a evolución do teatro galego
"A el nunca lle gustou competir, e menos con regras de xogo dubidosas, de aí que fale baixiño a aos poucos. Se se perde, malo, e se se gaña, peor". Díxoo Roberto Vidal Bolaño no Pub Dublín en 1999, na festa de cumpreanos do seu amigo Francisco Taxes. En 2003, o Centro Dramático celebraba o cuarto de século do teatro profesional con Daquel abrente, montaxe conxunta d'O velorio e de Laudamuco, señor de ningures, de Vidal Bolaño, fitos daquela Mostra de Ribadavia de 1978.
A homenaxe institucional chegou tarde. Vidal Bolaño morría cos ensaios comezados, e Taxes, que aínda pagaba unha mala caída nunha noite de farra, era enterrado na aldea paterna de Cereixo (Vimianzo). A recente publicación de Obra dramática. Francisco Taxes (Xerais), na edición do seu fillo Xurxo, permite recuperar a figura do dramaturgo e, ao tempo, a vixencia dos debates que trizaron o camiño do teatro independente á profesionalización.
O volume de Galaxia inclúe O velorio (escrita en 1971 e imprentada en 2002, na Biblioteca 120 de La Voz), Lenta raigame (1979), Casta i Albito (1980), Caderno de bitácora (1985) e a confesional Elas, de 1997, as tres últimas inéditas. As razóns desta escaseza están "non só no seu carácter, senón tamén na debilidade do sistema teatral", sintetiza Xurxo Taxes.
Na boca do dramaturgo: "Isto de saber que vas escribir unha obra e que vas tardar dous anos en estreala non te apura moito". Esta dislocación entre escrita, edición e montaxe entretecíase nos 70 coa discusión, na asemblea de Ribadavia, acerca do que debía ser o teatro galego. "A célebre petición de Blanco Amor, aquilo de 'teatro atrasado para un pobo atrasado', entendeuse mal no momento", di o investigador Carlos Biscaínho. "No propio teatro de Blanco Amor, coma no de Taxes, mesturábase a vangarda co popular". Agás na traxedia Lenta raigame, onde se escenifica a historia das Encrobas, o humor -con Valle e Fo de referencia escénica- é a mellor arma de denuncia social. O velorio, pequena farsa sobre as cerimonias da morte en Galicia, vírona máis de 15.000 persoas en dous anos. "A intención era que a entendesen os que non foron nunca ao teatro", dicía o autor.
Para Eduardo Alonso, que dirixiu Lenta raigame, "o teatro de Paco non foi ben recibido porque a algunha xente lle parecía demasiado vulgar para ser literatura dramática. Crítica non había". "En que compañías montaron Bolaño, Lourenzo e Ruibal os seus propios textos?", pregúntase Raúl Dans, que explica así o longo silencio de Taxes como autor teatral sen compañía.
Na única que tivo, Troula, estaba tamén o cineasta Antonio Simón, que dirixiu as primeiras representacións d?O velorio e compartiu co dramaturgo as primeiras experiencias do cinema galego. "Paco era unha especie de ácrata nacionalista", di Simón con agarimo. "De familia importante da Coruña, digno e preguiceiro. Nunca pediu nada".O escritor "maldito nunha cultura tanto tempo maldita", segundo lle dicía Manuel Rivas no 78, aínda botaba as contas da Transición. Pouco antes do tripartito de Laxe, en 1987, quedaba a gusto no Faro de Vigo: "A Galicia chegaralle o socialismo cando tododio-lo deixe, alí polo cuarto estadio. Estamos condeados á soidade. O demais é mentira: Paco Vázquez non é socialista". Dez anos despois escribiu Elas: "Unha peza que racha co sistema teatral establecido, absurda, despiadada, feminista e que non hai deus que a entenda, salvo eu, naturalmente. Deus salve a El Rei". A queixa dun autor ,di Xurxo Taxes, "que se vía minusvalorado e esquecido".
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
Gala 13 y final de ‘Operación Triunfo’: el podium más justo en la edición menos atractiva
Última hora de la actualidad política, en directo | Puente carga contra Sumar por reclamar una crisis de Gobierno: “No tiene sentido un sacrificio ante el altar”
El gigante de los pagos PayPal solicita convertirse en banco para impulsar los préstamos
El Supremo desvía a la Audiencia Nacional la decisión sobre la cobertura legal del comité del apagón
Lo más visto
- Un trabajador de Acciona asegura que fue el exdirector de Construcción quien le sugirió colaborar con Servinabar, la empresa a la que la UCO vincula con Cerdán
- Eurovisión 2026 cierra la lista de sus países participantes, la cifra más baja desde 2004
- El juez cree que la red de Leire Díez y el exdirector de la SEPI contó con “diversos cargos públicos” para el cobro de comisiones entre 2021 y 2023
- La UE eleva la presión sobre Venezuela al prorrogar las sanciones al círculo de Maduro en plena escalada de Estados Unidos
- Sánchez se mueve para seguir: pacta una cita con Junqueras, anuncia un abono único y descarta tocar el Gobierno




























































