Cómicos espidos
Os demais non temos a valentía de Eduardo Alonso e Luma Gómez para desafiar o pudor
Hai uns días puidemos ver nestas páxinas unha imaxe que batía na vista: uns cómicos a empurrar uns percheiros dos que penduraban as súas roupas, os traxes empregados nos seus espectáculos. Estaban a desaloxar o local no que ensaiaran até ese momento e mirando de vender as roupaxes para poderen pagar así as súas débedas. Foran víctimas dunha estafa: a Xunta de Galicia, o Agadic, contratou uns espectáculos e logo de realizalos non llelos pagou. Eles poderían ficar calados a roer a súa rabia e amargura na casa, porén, cómicos á fin, decidiron actuar diante da cámara do fotógrafo. O traballo dos actores e actrices comeza enfrontando o sentimento de vergoña e desafiando o pudor, só así poden actuar. E grazas a iso poden representar todos os aspectos da vida, os máis felices e os máis dorosos. Eduardo Alonso e Luma Gómez ofrecéronnos unha imaxe moi valente: representaron unha obra teatral que conta que lles está a acontecer a eles, ao Teatro do Noroeste.
Os demais non temos esa valentía, non a teñen os comerciantes que cerran o negocio, os talleres que se ven obrigados a despedir traballadores, os autónomos que se dan de baixa na Seguridade Social e pasan a ser ilegais... É o que lle acontece a toda a xente que viviu profesionalmente da cultura.
Eses cómicos desfacéndose das súas roupas, espíndose en público o que fixeron foi espir tamén a esta Xunta que aborrece a cultura, as artes e os artistas. Porque os artistas son como a meniña do conto que revelou a evidencia de que o fachendoso emperador que se paseaba dacabalo en realidade estaba espido. Á meniña, coitada, déronlle unhas boas labazadas por mostrar a verdade. Como fixeron eses cómicos neste momento de destrucción de prácticamente todo o sector da cultura, unha cultura que custou décadas transformar de bos desexos a unha realidade profesional. Se algo demostrou esta dereita é a súa capacidade para liquidar a cultura. A dereita na Galiza é como un enfeitizado rei Midas que en poñendo as súas mans na cultura transfórmaa en pedra, en toda unha Cidade de pedra morta.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
Las mejores playas de México con certificado ‘Blue Flag’ por su calidad de agua, servicios y seguridad
Detenido el ‘influencer’ Jaime Toral, acusado por trata de personas en Veracruz
El Gobierno de Petro suspende la financiación de becas de posgrado de la fundación Colfuturo
Irina Karamanos por el retorno del rol de primera dama en Chile: “Que nuestra política sea presidencialista no quita que sea contemporánea”
Lo más visto
- El líder groenlandés responde a Trump: “Groenlandia es nuestro país. Nuestras decisiones se toman aquí”
- La revalorización de las pensiones queda en el aire por la negativa de la derecha a apoyar otras medidas sociales
- Comprobar Lotería de Navidad 2025: consulta la lista de números premiados
- El PP de Almeida vota en contra de dedicarle a Robe Iniesta un centro juvenil porque antes quiere hablarlo con su familia
- La cúpula de Vox votó por unanimidad la destitución de Javier Ortega Smith




























































