A literatura é fuxidía
Case todos temos unha idea acerca do que é a literatura, o mesmo as persoas que a escriben que as que nunca se puxeron con iso. Eu, particularmente, nunca acabei de ter unha idea completa do asunto, pois sempre me pareceu que a literatura eran moitas cousas diversas. No eido artístico poida que sexa de bo dente e penso que, no caso de ter que facer un xuízo literario, sentenciar se unha cousa é literatura ou non, é mellor ser xeneroso que mesquiño e intentar ver o que hai de creación literaria en cada cousa.
Veume iso á cabeza cando peguei nun libro de texto de lingua e abrino nunha lección que trataba dos "xéneros literarios", xa saben: poesía, narración, teatro..., todas esas cousas que creamos antes de que se inventase a luz eléctrica. Desde aquela -quen lle dera ao Wagner que pretendía a "arte total"- inventouse o cinema, e o cinema foi prolífico e deu a televisión e todo o que hoxe se comunica a través da Rede. E non vou esquecer unha arte que me é moi querida, a banda deseñada. Tanto no cinema como na banda deseñada, esas artes tan propias do noso tempo, hai unha parte específicamente literaria, un guión. Como tamén hai literatura en parte do xornalismo, consta que hai abondos escritores e escritoras de poesía ou novela que o practican en distintos tons, con distintas pretensións e, naturalmente, con distintos logros. E debera ser unha evidencia que tamén hai literatura na Rede e seguirá a ser literatura aínda que xamais pase a libro, aínda que xamais pase ao papel.
Os nosos libros de texto detéñense no século XIX. Son alérxicos á electricidade. Hai que revisar os criterios cos que analizamos a realidade en que vivimos, son decimonónicos e onde vai o século XX. Os alumnos que teñen que estudar esas leccións constatan que a literatura non ten case nada a ver coa súa vida, e esa é unha falsa constatación.
Anuncian os capítulos da nova tempada dunha serie norteamericana, Breaking bad. Que grandes escritores están a traballar desde hai uns anos nesas series, e miles de persoas novas estan xa a velas por Internet na súa lingua orixinal ou a agardar que os emitan as canles de tv (en castelán, naturalmente). E reparo en que esa arte xa ten mesmo tradición (a televisión xa se fixo maior): o personaxe principal da serie, Walter White, lémbrame ao David de Perros de paja, do Sam Peckinpah, onde vai que morreu aquel querido artista fascinado pola violencia.
Hai moita desesperación pola nosa parte na fetichización do libro, no negarnos a recoñecer a literatura noutro sitio que non sexa sobre o papel. Porén, o alumnado non ten culpa e a literatura tampouco, non pode pagar polo delito de ser unha cousa viva e etérea que non sabe ficar quieta pousada na folla de papel. A literatura é fuxidía. Podemos mirar de enlatala en conserva, mais ela, condenada, a que pode escapa. Por iso querémola así, libre e salvaxe.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
Lo de David Bisbal es muy fuerte
La Comunidad de Madrid modifica los horarios del transporte en las fiestas de Nochebuena, Navidad y Año Nuevo
Ferrero, tras su ruptura con Alcaraz: “Estoy dolido pero con una sensación de tranquilidad, de haber hecho los deberes”
Una explosión mata a tres personas en Moscú junto al lugar donde el lunes fue asesinado un general
Lo más visto
- El PP de Almeida vota en contra de dedicarle a Robe Iniesta un centro juvenil porque antes quiere hablarlo con su familia
- El líder groenlandés responde a Trump: “Groenlandia es nuestro país. Nuestras decisiones se toman aquí”
- Comprobar Lotería de Navidad 2025: consulta la lista de números premiados
- “¿Qué se siente al ser un fracaso?“: cómo la protagonista de ‘Showgirls’ superó la humillación y abrazó la película
- Trump anuncia la construcción de un nuevo tipo de buques de guerra que llevarán su nombre: “Serán los más grandes y poderosos de la historia”




























































