'Pa negre' de Cunqueiro
A web de Apple ofréceme unha imaxe espectral dun Steve Jobs que me fita. Non podo deixar de lembrar ao personaxe de A Sombra Cazadora. Esta é a morte internética dun personaxe informático. Alguén nalgunha casa chorará ao individuo de carne. Supoño.
Máis perto, un chisco menos espectral, o filme Pa negre en lingua catalá de Agustí Villaronga, baseado na novela do Emili Teixidor, foi seleccionado pola Academia do cinema español para optar a un Oscar. Nada lles foi regalado a Teixidor nin a Villaronga; con todo, os creadores en lingua galega terán unha envexa limpa do apoio que ofrece a Generalitat á creación en catalán. E envexa do apoio da súa sociedade. Cataluña é un país.
O éxito do libro e do filme desmenten unha outra vez esa alegación tan aborrecida de que non se debe escribir ou filmar nada que trate da Guerra Civil. Os últimos 30 anos apenas proporcionan material temático para escribir e a nosa guerra foi unha enchente salvaxe de experiencias límite a contar. Experiencias radicais que aínda hoxe actúan na sociedade, nas familias e en cada un de nós. Non se pode contar a biografía dunha persoa maior de 50 anos sen ter en conta como condicionaron aqueles feitos a súa vida familiar e persoal.
Como se concilia a súa sabiduría coa conciencia de traizoar as súas ideas e os seus amigos asasinados?
E máis preto aínda e, con todo, non menos espectral, leo no xornal dun congreso sobre Álvaro Cunqueiro. Un típico evento desta cultura galega. Aos que gustamos da literatura e dunha boa parte da súa obra non nos causa desgusto. Porén, carecerá de interese o tal congreso se non se abordou alí o enigma de Cunqueiro, un enigma que non nace da Guerra Civil mais que a guerra fixo visíbel. Os seus textos poden ser lidos e estudados en si, e teñen todo o seu sentido autónomo, mais o sentido de conxunto da súa obra só se pode comprender comprendendo ao autor. Non comprendo a Cunqueiro. Imaxino que así lle debe de ocorrer a moita xente.
Na súa obra poética, tanto na de preguerra como na dos últimos anos, nos textos teatrais, case parateatrais, ou nos seus romances en castelán, na brillantez da expresión, late unha ollada lúcida, fina e sabia sobre a vida humana. Cunqueiro é moi consciente do peso da morte e na súa obra non hai lugar para outra vida que non sexa esta, non sendo a través da parodia nas Crónicas do Sochantre. As extremas circunstancias da guerra entre nós poden explicar calquera cousa. Quen non viviu aquilo debe ter cautela en facer un xuízo moral sobre o que viviron aquelas persoas, tal Cunqueiro. Mais os pasos que el andou son verdadeiramente singulares. Como se pode conciliar esa sabiduría que demostra na obra coa conciencia de traizoar non só as súas ideas senón aos seus amigos asasinados? E como se pode facer iso demostrando a alegría de vivir e o oportunismo que aparentemente demostrou na guerra e na inmediata posguerra? Como era ese home, como estaba constituído intimamente? Fáltalle coherencia ao personaxe que nos contan. Precísase escritor que cree literariamente a ese ser humano que semella tan escindido que nos resulta incomprensíbel. Meréceo.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
Más de 40 congresistas demócratas piden por carta a Trump que cese en sus “intentos de socavar la democracia en Brasil”
La Justicia de Estados Unidos sentencia al Guacho, yerno del Mencho, a 11 años de prisión
El Rayo celebra con un festín de goles ante el Drita su pase a octavos de la Conference
Finabien Paisano: las claves del programa dirigido a migrantes que envían remesas
Lo más visto
- Los hijos de Isak Andic negocian un acuerdo para pagar 27 millones a la pareja del empresario y cerrar el conflicto por el legado
- El Supremo condena a ‘Okdiario’ y a Eduardo Inda por intromisión en el honor de Iglesias al acusarle de cobrar de Venezuela
- Irene Escolar: “Si la gente se droga es porque encuentra en ello una anestesia que necesita. Negarlo es absurdo”
- La asociación mayoritaria de guardias civiles no está de acuerdo con la DGT en sustituir los triángulos por la baliza V16
- “No podemos hacer nada”: la IA permite copiar en exámenes de universidad con una facilidad nunca vista




























































