Rivas estréase na literatura infantil
Logo dunha extensa obra que abrangue tódolos xéneros, Manolo Rivas (A Coruña, 1957) debuta nun novo ámbito. O escritor e xornalista estréase na literatura infantil con O sombreiro Chichiriteiro, o seu primeiro libro para pequenos lectores. As ilustracións de Patricia Castelao acompañan unha historia de amizade entre un neno e o seu compañeiro de aventuras. Simón emprende unha fermosa viaxe da man de Chichiriteiro, un sombreiro especial que canta coma os paxaros. Editada por Xerais, a obra xa se pode atopar nas librarías galegas.
Esta non é a única novidade que presenta Rivas. O vindeiro 8 de abril sae á luz un novo poemario titulado A desaparición da neve. A obra componse de 40 poemas escritos en galego e traducidos ás outras tres linguas oficias: castelán, euskera e catalán. Da tradución ó castelán encargouse persoalmente o propio autor, mentres que a versión en euskera correu a cargo de Jon Kortázar, un dos maiores ensaístas sobre literatura vasca. O escritor mallorquín Biel Mosquera ocupouse de traducilo ó catalán. Rivas fala da súa nova creación como "un ser vivo" que supuxo un "esforzo vangardista", un intento por fuxir do "convencionalismo". A edición inclúe un cedé que, segundo o autor, é "parte moi importante da obra". O disco recolle 14 composicións de texto e música: é o escritor o que presta a súa voz para a lectura dos poemas, mentres que o acompañamento é cousa de César Carlos Morán e Pulpiño Viascón. Alfaguara encárgase da súa edición en toda Españal.
A estas estreas engádense as traducións ó inglés e ó italiano de dúas obras do coruñés. From Unknown to Unknown é a versión inglesa de De descoñecido a descoñecido, unha antoloxía de poemas publicada por primeira vez en 2003. A tradución realizouna directamente dende o galego Jonathan Dunne, responsable da editorial Small Stations Press, que se encarga da publicación. O libro ábrese cunha introdución escrita polo poeta e novelista escocés John Burnside. En Italia xa está á venda I libri bruciano male, traducido dende o texto orixinal de Os libros arden mal (2006) por Enrico Passoni e editado por Feltrinelli. A nova versión inclúe un listado de tódolos personaxes e lugares que desfilan polas páxinas da novela.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
México pide ante la ONU una solución “pacífica, democrática y negociada” para la crisis en Venezuela
Colombia confirma el primer caso del virus influenza H3N2: qué es, cuáles son los síntomas y las recomendaciones sanitarias
Tren Suburbano Lechería-AIFA: cuándo se inaugura, horarios, rutas y estaciones
Sorteo Gordo de Navidad 2025: lo que hay que saber sobre los premios de la Lotería Nacional
Lo más visto
- El PP de Almeida vota en contra de dedicarle a Robe Iniesta un centro juvenil porque antes quiere hablarlo con su familia
- Comprobar Lotería de Navidad 2025: consulta la pedrea con la lista de números premiados
- Trump anuncia la construcción de un nuevo tipo de buques de guerra que llevarán su nombre: “Serán los más grandes y poderosos de la historia”
- El Gobierno y Bildu acuerdan extender a 2026 la prohibición de desahuciar a personas vulnerables
- Lotería de Navidad 2025 | 79432, el primer premio de la Lotería de Navidad




























































