O audiovisual experimenta
Novos realizadores procedentes de Belas Artes exploran xéneros coma a videodanza, o falso documental ou a videocreación
Galicia está en guerra. A catedral de Santiago é o marco de cruentos bombardeos, os avións inimigos atacan obxectivos estratéxicos e sucédense os enterros masivos. Hai que imaxinar este argumento con imaxes coma os fogos do apóstolo, a explosión da industria química Brenntag de Caldas, os incendios do pasado verán, ou a tradición de meterse en cadaleitos en Santa Marta de Ribarteme. Esta é a sorprendente proposta da curtametraxe As cousas do Kulechov, dirixida por Susana Rei, e encadrada dentro do que se denomina falso documental. A realizadora galega quixo con esta obra render homenaxe a L.V.Kulechov, mestre de grandes figuras do cinema sovíético, quen lanzou a teoría de que a manipulación da montaxe das imaxes pode facer crer ó espectador algo completamente diferente do que ve.
Para levar a cabo a súa curta documental, esta directora afincada en Valencia tivo que facer unha grande selección de imaxes de arquivo e un laborioso traballo de montaxe. Mentres unha seria voz en off conta que o motivo do ataque é o galframio, "un material destructivo resultante do proceso de separación do sílice e do manganeso", sucédense imaxes de "mortos abandonados nas cunetas" (borracheiras na Festa do Viño da Garda), "a poboación construído globos para fuxir das tropas invasoras" (subida do globo de Betanzos) ou o "levantamento de restos e fosas comúns" (soterramento de vacas tolas en Mesía).
Susana Rei é unha das novas realizadoras que, procedentes de Belas Artes, están a explorar xéneros non convencionais, dentro das obras de creadores audiovisuais que se estrearán nos vindeiros meses. A semana pasada, este traballo causou sorpresa no Instituto Cervantes de Berlín, onde se exhibiu nunha selección feita pola Consellería de Cultura.
Precisamente hoxe, se estrean na mesma cidade outros dous traballos que tamén transitan polos carreiros do experimental, como son a videocreación Longo sendeiro de pedra de Pablo Millán, e a videodanza Danza na Terra, de Xosé Vilaboy. Ámbolos dous autores chegan ó audiovisual procedentes tamén desa canteira de creadores que son as facultades de Belas Artes, e iso nótase no seu discurso.
"Aínda que sexan ideas sinxelas, gústame que haxa conceptos e que o público as reciba como un poema", explica o realizador Pablo Millán. En Longo sendeiro de pedra este autor realiza unha fermosa homenaxe á pedra, como elemento vertebrador do país ó longo da historia. Desde Carboeiro a Mondariz ou de Bastavales a Campo Lameiro, Millán vai mostrando desde figuras máxicas que emerxen da pedra, como rostros ou corpos espidos, ata ermidas, cruceiros ou corredoiras, sen esquecer oficios como canteiros ou afiadores. "Adoptei o punto de vista dun foráneo que, atrapado pola pedra, fai unha viaxe observando tódalas épocas, oficios e movimentos artísticos", explica este director de Teo, unha das últimas revelacións do panorama audiovisual galego. Ademáis deste traballo, en Berlín tamén se proxectará O Conxuro, a súa anterior peza curta, unha mestura de ficción e animación, que xa foi seleccionada nos festivais de Boston (Estados Unidos), Bradford e Manchester (Reino Unido), e ata foi premiada no Xapón, no Kawasaki Digital Shortfilm Festival.
Máis experiencia que Millán ten o coruñés Xosé Vilaboy, un dos pionieros da videodanza en Galicia, quen xa en 1999 dirixira a peza Batea . Formado en Cataluña, Vilaboy ten previsto proxectar antes do verán no CGAC a obra Danza na terra, unha videodanza rodada en varias aldeas do Courel, na que os veciños e as ovellas se mesturan coas coreografías dos bailaríns no medio das leiras, onde aparecen expostas obras de artistas como Rafael Canogar ou Eduardo Úrculo cedidas polo CGAC, que colaborou na financiaciación da peza.
"Sempre intento mesturar xéneros, que van desde o documental experimental ata a linguaxe publicitaria, porque me interesa moito como reto", explica Vilaboy, un realizador que traballa para incorporar á videodanza "o ritmo visual e aspectos narrativos". Dentro deses aspectos narrativos pódense captar na obra outras mensaxes coma a despoboación e a soidade nas aldeas do interior.
Este traballo de algo máis de 30 minutos de duración supón un proxecto ambicioso, cun presuposto que ronda os 50.000 euros, "no que traballou un equipo de vinte persoas ó longo de sete días no Courel", explica o produtor Alvaro Liste. As coreografías de Danza na Terra son obra da compañía Pisando Ovos, que tamén traballou na obra Danza Matriuska, outra videodanza rodadada en Antas de Ulla e que tamén se estrerá nos vindeiros meses.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
¿Qué sube y qué baja en 2026? Los precios se moderan, pero sube el coste de la vivienda
Electricistas y fontaneros: viejos oficios, nuevas oportunidades
El apellido Bolsonaro, ¿una ventaja o un lastre ante las presidenciales de Brasil en 2026?
Nora Sándigo, ‘la gran madre’ donde las familias de migrantes buscan refugio en Estados Unidos
Lo más visto
- Los grandes derrotados del Gordo de Navidad de Villamanín, 15 jóvenes de entre 18 y 25 años: “Hoy hemos perdido amigos”
- Acuerdo en Villamanín por el Gordo sin repartir: la comisión de fiestas cede más de dos millones por la paz del pueblo
- El alpinista Simone Moro sobrevive a un infarto a 5.000 metros y anuncia la creación de un servicio de rescate aéreo en el Karakoram de Pakistán
- Junqueras avisa de que la recaudación del IRPF es “imprescindible” para negociar los presupuestos de Sánchez e Illa
- Desaparecidos cuatro españoles de una misma familia de Valencia en un naufragio en Indonesia




























































