Galego en Oxford
John Rutherford dirixe un centro de estudos do idioma de Galicia no Reino Unido
"Temos que loitar no presente, e non perder o tempo intentando predicir o futuro e desanimándonos". Para John Rutherford, profesor de Lingua e Literatura Hispánicas no Queen?s College de Oxford, onde dirixe desde 1991 o Centro de Estudos Galegos, "habería que imitar aos cataláns e ser máis agresivos na defensa do idioma". A historia de Rutherford (Saint Albans, 1941) e o galego é bastante coñecida: en 1959 chegou a Ribadeo de intercambio, para practicar o castelán, e coñeceu á súa actual esposa. Desde entón, os seus traballos académicos foron interpolando o interese pola cultura do país.
En 1974 traduciu La Regenta (Grant&Cutler), a edición inglesa referencial da obra de Clarín. En 2001, El Quijote (Penguin). O mesmo ano publicou As frechas de ouro (Galaxia), un relato vivencial sobre o Camiño de Santiago, e Breve historia del pícaro preliterario (Universidade de Vigo), onde afonda nos pasos perdidos dos galegos. "O pícaro foi unha figura traída a Galicia polos soldados galegos que estiveron en Italia na primeira metade do século XVI. Alí para ridiculizalos chamábanlles piccolos, e o calificativo chegou á Península como pícaro".
Máis importante para a difusión da cultura galega foi a publicación, en 1996, na prestixiosa editorial galesa Planet, de Them and other stories (Eles e outros contos), unha escolma de contos de Méndez Ferrín, quen para Rutherford había dar "un Nobel xustísimo". Cinco anos máis tarde, as Cousas de Castelao puidéronse ler en inglés. As dúas traducións foron coordinadas por el, no esforzo máis rechamante dos 43 centros de estudos galegos espallados polo mundo.
Ao fío da literatura, Rutherford fala do futuro do galego. "Como todas as linguas minoritarias, o seu futuro é dubidoso, aínda está en perigo de extinción. Pero hai motivos para sermos optimistas". Entre eles, "a riquísima literatura, en cantidade e calidade, que se está a publicar e escribir en Galicia; a radio e a tele galegas, arma de dobre fío, pero sempre con posibilidades; os esforzos oficiais e extraoficiais que se fan para prestixiar a lingua, o galego na escola e na Universidade...".
"Moito disto é parcial e defectuoso", puntualiza. "Pero son bases sobre as que ir construíndo". Na súa idea , "habería que imitar aos cataláns, sermos máis agresivos na defensa da lingua a todos os niveis. Desde as actuacións da Xunta até as actitudes persoais". Para frear o proceso de ritualización do galego e asegurar o futuro, Rutherford imaxina un punto de chegada: "Que todos os galegos sentisen a lingua como algo precioso e propio, o almacén de todas as vivencias históricas do pobo galego. Non podemos permitir que se perda, e para iso cómpre educar á xente para que se decate de que unha lingua non é só un medio de comunicación, porque nese caso todos teriamos que estar falando esperanto como lingua única e universal".
Hai uns anos entrevistaron a Rutherford na TVG
e o inglés azougouse cando deixaron de gravar. "Todo o mundo comezou a falar en castelán. E se pensamos que gran parte da xuventude non quere falar galego... Os mesmos galegos avergóñanse cando me escoitan a min falar o seu idioma. Os políticos e os presentadores da TVG, por exemplo, deberían falar galego sempre, non só oficialmente".
Rutherford fala da "esquizofrenia do idioma". Hai varias normativas e só unha oficial e "iso non axuda para nada", di. "Cando unha lingua loita pola supervivencia non caben tales divisións internas. O importante é falar e escribir o galego".
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
Incidente en el aeropuerto de Ciudad de México después de que un piloto retuviera un vuelo que iba a Cancún
Festival Luces de Invierno: qué actividades se esperan y horario de los conciertos en el Zócalo de Ciudad de México
Las nuevas imágenes de Epstein publicadas por el Departamento de Justicia de Estados Unidos
Seis playas en México en donde no es seguro nadar en las vacaciones de invierno, alertan Semarnat y Cofepris
Lo más visto
- El Supremo condena a ‘Okdiario’ y a Eduardo Inda por intromisión en el honor de Iglesias al acusarle de cobrar de Venezuela
- Los pagos del Gobierno de Ayuso a Quirón engordan con facturas de hace una década y sin pagar desde tiempos de Cifuentes
- Más de 40 congresistas demócratas piden por carta a Trump que cese en sus “intentos de socavar la democracia en Brasil”
- La princesa Leonor realiza su primer vuelo en solitario como parte de su formación en el Ejército del Aire
- Última hora de la actualidad política, en directo | Gallardo: “Guardiola no quiso ir al debate ayer porque no podía hablar bien de lo que ha hecho a lo largo de estos dos años y medio”




























































