Un quilo e cen gramos de escritor
Otero foi un privilexiado, puido imaxinar ou facer como que pertencía a unha terra sagrada e a unha tribu. Bellow, pola contra, é un contemporáneo enxoito e sen esperanza
Ando nas Cartasdo Saúl Bellow (un quilo e cen gramos e 700 páxinas). Ando pola páxina 257 e xa o home leva dous divorcios e dous fillos por aí, catro ou cinco libros, contos abondos e anda nesta altura da súa correspondencia, 1960, cunha obra de teatro. Tamén, dá un algo de pudor este ler a correspondencia allea: hai sentimentos, emocións espidas, confidencias remexidas con consideracións literarias… E, naturalmente, a radiografía dun escritor e unha novela da súa vida. Claro é que o narrador é o propio Bellow e, xaora, non se lle pode facer caso completamente: todos somos moi comprensivos cos nosos defectos e vemos aos demais desde as nosas debilidades. E que sentido ten ler as cartas dun escritor? “Hom, pois xa que as editan”, podería ser unha resposta. Outra máis verdadeira: empecei a ler biografías e a correspondencia de escritores cando comecei a tomar a serio o mester de escritor. Os vicios a que se collen logo son malos de quitar.
Estas cartas son a crónica da forxa dun autor, un xudeu norteamericano fillo de inmigrantes, mozo bolchevista, trotskista, que aos 25 anos comeza a escribir literatura. Puro autor, pura ansiedade, agonía, electricidade, edipismo, intelixencia febril…, loita agónica pola supervivencia como autor. A abrirse camiño por revistas literarias, editoriais, axentes, críticos, éxitos que nunca o son completos, feridas de fracasos, as coitas económicas… A inestabilidade perpetua que é a condición do escritor que vive do seu oficio. Téñolle lido ao Bellow algún libro, gustei ben dalgúns e doutros non tanto, mais é un escritor tan verdadeiro, un escritor tan aberto de peito que merece admiración. Non hei ler o libro enteiro, o máis seguro, non acabarei de asexar nesa privacidade e non ha ser porque me entre a vergoña, senón porque xa comeza a fatigarme tanto ir de aquí para alí e falar disto e do outro cando realmente só é dar voltas arredor de si. Otero Pedrayo chegou un momento no que parou de dar voltas e catou o que tiña diante súa, a terra e a xente que quixo súa; Bellow, seguramente pola súa condición de xudeu nun país “xentil”, un país feito de cachos rotos apenas ganduxados como son os EE UU, ficou só. Otero foi un privilexiado, puido imaxinar ou facer como que pertencía a unha terra sagrada e a unha tribu. Bellow, pola contra, é un contemporáneo enxoito e sen esperanza. Ben quixera un sentir como Otero, mais Bellow semella un espello verosímil de máis.
E, con todo, que aborrecido é ser escritor galego. Sen tempo para vivir a vida da literatura, sempre envoltos en angueiras nacionais, sempre a defenderse, defendernos, a resistir ignominias miserabeis (de que debera estar eu escribindo esta semana no sitio disto? Que denuncia, que agresión á nosa cultura, país?). Que fatigoso o ser “escritor nacional” (tanto ten selo con convecemento ou con impostura). Aínda que tamén teña algunha medalla, algún mérito, algunha banda no peito... Se houber inocencia, se houber inconsciencia, que lindo iso de escribir para os teus conveciños, os teus connacionais (mesmo houbo veces). Porén, escríbese na lingua que cada quen asume como un destino. Mais os autores contemporáneos, como Bellow, escriben para calquera. Ou para ninguén.
Tu suscripción se está usando en otro dispositivo
¿Quieres añadir otro usuario a tu suscripción?
Si continúas leyendo en este dispositivo, no se podrá leer en el otro.
FlechaTu suscripción se está usando en otro dispositivo y solo puedes acceder a EL PAÍS desde un dispositivo a la vez.
Si quieres compartir tu cuenta, cambia tu suscripción a la modalidad Premium, así podrás añadir otro usuario. Cada uno accederá con su propia cuenta de email, lo que os permitirá personalizar vuestra experiencia en EL PAÍS.
¿Tienes una suscripción de empresa? Accede aquí para contratar más cuentas.
En el caso de no saber quién está usando tu cuenta, te recomendamos cambiar tu contraseña aquí.
Si decides continuar compartiendo tu cuenta, este mensaje se mostrará en tu dispositivo y en el de la otra persona que está usando tu cuenta de forma indefinida, afectando a tu experiencia de lectura. Puedes consultar aquí los términos y condiciones de la suscripción digital.
Archivado En
Últimas noticias
EE UU revoca el visado a un magistrado del Tribunal Electoral de Honduras por “impedir el recuento de votos” en la elección presidencial
Ebrard: el regreso del eterno soldado
Incidente en el aeropuerto de Ciudad de México después de que un piloto retuviera un vuelo que iba a Cancún
Festival Luces de Invierno: qué actividades se esperan y horario de los conciertos en el Zócalo de Ciudad de México
Lo más visto
- El Supremo condena a ‘Okdiario’ y a Eduardo Inda por intromisión en el honor de Iglesias al acusarle de cobrar de Venezuela
- Los pagos del Gobierno de Ayuso a Quirón engordan con facturas de hace una década y sin pagar desde tiempos de Cifuentes
- Más de 40 congresistas demócratas piden por carta a Trump que cese en sus “intentos de socavar la democracia en Brasil”
- La princesa Leonor realiza su primer vuelo en solitario como parte de su formación en el Ejército del Aire
- Última hora de la actualidad política, en directo | Gallardo: “Guardiola no quiso ir al debate ayer porque no podía hablar bien de lo que ha hecho a lo largo de estos dos años y medio”




























































